Sobre a morte de Bieito

Foi preto do camposanto cando eu sentín boligar dentro da caixa ó pobre Bieito.(Dos catro levadores do cadaleito eu era un). ¿Sentino ou foi aprensión miña? Entón no podería aseguralo. ¡Foi un rebulir tan maiño…! Como a teimosa puvulla que rila, rila na noite, rila de entón no meu maxín afervoado aquel maiño rebulir.Pero é que eu, meus amigos, non tiña seguranza, e polo tanto — comprendede, escoitade — polo tanto non podía, non debía dicir nada

O Falar d’as Fadas

Fálame n-esa fala melosiña
que celestiales armunias ten;
fálame n-o lengoaxe d’ a terriña
s’ é que me queres ben.

Se desexas provar d’ o teu cariño
as tenruras, o fogo y-a pasion,
probas con me chamares «amantiño»
que me tes moito amor

Falaréivos de min

Falaréivos de min anque me doan
as escuras raíces dos meus soños.
Celso Emilio me chaman pero eu teño
outros nomes máis irtos apuntados
nun rexistro de ventos polifónicos
cun fondo musical de frauta triste.

Meus nomes sin palabras. Mainamente,
de par en par abertas sempre as portas,
espallándome vou polos camiños
co corazón aceso en cen abrentes,
nas maus a luz, nos ollos margaridas,
e unha piedá de río sin orelas

A Rosalía de Castro

Non é lostrego hermoso,
é luz perenne e crara
a luz con qu’ alomeas
¡ouh sol d’ a miña pátrea!
É luz que sempre brila
y-o tempo non apaga.

Tí alomeach’ a aurora
d’ aterna relembranza
en qu’ espertou Galicia
erguéndos’ alentada

O Vento

Dis que por boca do Espíritu Santo,
que debe ter unha boca ben negra
púxome o cregro na misa do pobo
(¡nai que me deu!…) como naide se vexa.

Algo ha de haber de verdade no conto
que hoxe , ó pasar onda min súa manceba,
fíxome a figa e rosmou polo paixo
mentres torcía pra un lado a cabeza

Xaneiro 1972, II

Cando quero vivir
digo Moraima.
Digo Moraima
cando semento a espranza.
Digo Moraima
e ponse azul a alba.

Cando quero soñar
digo Moraima.
Digo Moraima
cando a noite é pechada.
Digo Moraima
e ponse a luz en marcha

A xusticia de Goriño d’a Estrada

Era un hombe escuro; como vivira morreu iñorado pol-os seus viciños, que oito dias dempois de que o meteran n-a focha, nin xiquera o lembraban.

¡Quó fará hoxe, dempois de pasaren setenta anos!

Faloume d’él un vello nado n-a Estrada e que recorda d’ouvidas ô Goriño, pol-os contos que lle contaban as vellas n-o fiadeiro cando ainda andaba deprendeno á soletrear n-a escola

Longa Noite de Pedra

O teito é de pedra.
De pedra son os muros
i as tebras.
De pedra o chan
i as reixas.

As portas,
as cadeas,
o aire,
as fenestras,
as olladas,
son de pedra

Procrama ós meus veciños

Ouro vello de outono e prata fina
a lúa embaixo, o sol enriba. Nesa surrisa túa Celanova,
pola que pasa o vento,
hai unha triste historia non contada
feita de amor e troquelada en ferro.

Longos días de pranto e de cinza,
a lúa embaixo, o sol enriba

Cántiga

No xardín unha noite sentada
ó refrexo do branco luar,
unha nena choraba sin trégolas
os desdés dun ingrato galán.
I a coitada entre queixas decia:
“Xa no mundo non teño ninguén;
vou morrer e non ven os meus ollos
os olliños do meu doce ben”

O viño dos sábados – III

O Boca era alto e roxo, como unha careta de Entroido. Chamábanlle a Boca porque emigrara a Arxentina, e sempre estaba a falar do barrio da Boca, onde residira durante a súa estancia en Buenos Aires.
Non era home que se matase a traballar: só o xusto para que ninguén puidese dicir que non o facía e aínda así, moitos o dicían. Os que si traballaban eran a súa muller e os seus fillos.

Él non facía outra cousa que falar dos seus tempos de gloria arxentina. Calquera que non lle coñecese pensaría, ouvíndolle falar, que en todo o barrio da Boca non mandaba ninguén máis que él

O Sancristán de Vilela

Non fai moito que morreu de puro vello. Por un mes e piques deixou de lle ver a cara á San Pedro levando un sigro ás costas.

Dende que ôs quince anos se ll’entalou o Caco Pardo n-as gorxas e sintiu qu’o estómago non lle levaba o latin, canso de se ver escravo d’as correas d’o dómine n-a pasantía de Vilela, o Narciso d’as Petadas consagrouse ô servicio de Dios como sancristan ad totum d’a feigresía de Vilela

O viño dos sábados – II

O Pardau era outra cousa. Non gañaba nada coas borracheiras: cando estaba bébedo, era tan ignorante como cando non. Non me acordaría dil, de non ser pola noite en que caeu desde a carreteira a un eido de Portovello. Non se matou, de milagre. Oito ou nove metros de caída son moitos metros para o peso morto do corpo dun borracho. A sorte que tivo foi que, ó chegar ó chau, atopou a terra branda dunha pataqueira. Pero, aínda que non se matou, esfolou a cabeza por tres ou catro sitios

O viño dos sábados – I

Xa dixen que en Allariz hai moitas igrexas. Agora teño que dicir que hai moitas menos igrexas que tabernas.
Os viños que máis se beben son o do Ribeiro e o Verín, que, asegún dos entendidos, son viños frouxos. Eu non lles vou a levar a contraria aos entendidos, porque xa se sabe que, ás veces, non hai como ser entendido para entender. O que digo é que todos os sábados pola noite, en Allariz, o viño de Verin e o do Ribeiro subíanse a unha chea de cabezas, aínda que as cabezas eran case que sempre as mesmas: a do Tarabá, a do Pardau, a do Boca

Tiven medo de bogar

Tiven medo de bogar,
tiven medo de auga crara.
Anque fora cuns bos remos
anque fora na mar calma,
¡non bogaba!, ¡non bogaba!

¡Inda vou na misma meniña…

¡Inda vou na misma meniña
aquela que fogueaba sin leito!
¡Son aquela!
¡Son aquela que no bosco
escuitaba o himno dela!

Son aquela mañanciña,
entre orballo das rosas,
entre area de sendeiros,
onde atopaba a campana.

Nunha foxa común

Aldraxados por séculos
mallados e feridos,
asoballados sempre,
decote desvividos,
pergunto qué fixeron,

contesto que fuxiron
da terra malpocada,
sin pelexar, vencidos,
abandonado o campo
á furia do nemigo.

Cantigas

Sólo y-esquecido vivo
Qu’estou pra iste mundo morto;
E o d’or meu simenteiro
O desengano meu lóbio.

Dinme que chorache moito
‘O morrel-o teu amante;
De fixo qu’está n’o ceo
Cand’ eiquí o chora un ánxel

Agoiros

Non hai noite que non veña
n-un d’ os loureiros d’ a horta
o moucho negro e sombrio
a pousar n-as verdes pólas,
e cando mais bufa o vento
sacodindo as débres follas,
cando estrala o madeirámen
y-a chuvia os vidros azouta,
d’ un modo tan triste canta,
qu’escoitálo dá congoxo.

O inglés

Eu quixen asesinar a un inglés, por patriotismo. O caso aconteceu na Pampa Central da República Arxentina e no tempo da guerra de Cuba.

Era eu daquela un melido rapaz de doce anos, apouvigado pola morriña das paisaxes nativas, acabadas de deixar, e pola tristura dos campos en que me vía forzado a vivir.
As lendas e contos desprendidos na lareira paisán dos meus avós acuciaran a miña maxinación e deran azos á miña credulidade, de tal xeito que non somentes daba creto a tódalas barballoadas dos nosos periódicos, senón que as súas informacións parecíanme ruíns e cativas. Eu era, pois, un gran patriota belicoso, porque tamén a miña patria era grande e forte, coma dun inglés, coma dun alemán…

O Maio

Aquí ven o mayo
de frores cuberto…
puxéronse á porta
cantándome os nenos;
i os puchos furados
pra min estendendo,
pedíronme crocas
dos meus castiñeiros.

Pasai, rapaciños,
calados e quedos;
que o qué polo de hoxe
que darvos non teño.
eu són vos o probe
do pobo gallego:
pra min non hai maio,
pra min sempre é inverno!

Soñando está o bardo

Soñando está o bardo
cun vago soñar
á beira do facho
que vértigo dá;
que se ergue sublime
por cima do mar
e os baixo comtempra,
que rompendo están.